Libros galegos na Habana

Galicia era a invitada de honor, igual que o ano pasado o foi Arxentina e o vindeiro ano o será Chile. Exposicións sobre a historia da cultura galega e da presenza galega en Cuba, plástica e cine, concertos e lecturas públicas ocupan algunhas das principais instalacións da Habana e o recinto da feira, situado na […]
Harry Potter en galego

Para celebrar este lanzamento Editorial Galaxia organizou unha serie de actividades na FNAC da Coruña e na Casa do Libro de Vigo co fin de ofrecerlles aos harrypotólogos a posibilidade de compartir a espera do lanzamento dun xeito entretido. Unha hora antes da posta á venda da sétima entrega de Harry Potter tivo lugar un […]
Preséntase o Grial 176: Xénero, sexo e sexualidade

Sexo e sexualidade. Velaquí un dos temas do noso tempo. Relacións de xénero e relacións de vida. Tamén relacións sociais, emocionais, políticas ideolóxicas, efectivas… Eros e Tánatos configuran a gran dualidade que explica o mundo e a condición humana dende o principio dos tempos. Dende unha perspectiva básicamente feminista este novo número da revista GRIAL […]
Encontros con Jean-Philippe Toussaint

"Debo recoñecer, con certa vergonza, que o primeiro que fixen cando me dixeron que ía ser traducido ao galego, foi procurar un atlas e ver onde estaba Galicia", comentou o escritor durante a presentación do seu libro, no casino de Santiago. "A tradución é un fermoso camiño de ida e volta, que nos comunica cos […]
JEAN-PHILIPPE TOUSSAINT EN GALICIA

Toussaint, un dos narradores franceses de meirande prestixio e sucesor literario do Nouveau Roman, chega a Santiago de Compostela o mércores, día 6 de febreiro, data na que se vai desenvolver un encontro con escritores galegos. Ao outro día, xoves 7, farase a presentación da novela Fuxir, publicada na colección Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, […]
Faleceu en Compostela o profesor Manuel Díaz

Especialista en lingua e literaturas latinas, era considerado un dos grandes medievalistas europeos. Nacera na vila de Mugardos, na Coruña, no ano 1925. Iniciou a súa actividade docente universitaria primeiro en Valencia e logo en Salamanca, para instalarse despois na Universidade de Santiago de Compostela (1968), onde desenvolveu unha importante escola de latinistas. Entre outros […]
Volve Ramón Lamote

Un acontecemento. Non podemos cualificalo doutro xeito. Había tempo que agardabamos de Paco Martín este novo encontro cun dos personaxes literarios máis populares das nosas letras: Ramón Lamote. Das novas cousas de Ramón Lamote xa anda nas librerías e, en entrando este mes de febreiro, co primeiro canto dos paxaros e segundo se achega a […]
A Fundación Penzol renova e amplía o seu padroado

O fondo documental máis importante da cultura galega e do galeguismo inicia unha nova etapa con proxectos dinamizadores nestes campos. Mantendo sempre a vontade e a idea inicial do fundador de poñer o seu patrimonio ao servicio de estudosos e investigadores, preténdese unha ampliación dos seus obxectivos e dotar a institución de novos recursos (técnicos […]