Rosa Llorente

"Ela sentía que as palabras escintilaban no cuarto antes de que el as dixese…" A primeira frase deste libro podería reflectir á perfección a sensación que acompaña a lectura desta escolma de relatos. As palabras de Elena Poniatowska están cheas de luz, avanzar na lectura de cada historia é coma seguir o trenzado maxistral dunha […]
Francisco X. Fernández Naval

Nacida en París pero residente en México, Elena Poniatowska é ben coñecida polo seu compromiso cos excluídos, describindo a traxedia, denunciando o abandono, combatendo a corrupción; literatura e crónica elaboradas cun estilo persoal no que a descrición dos feitos narrada a través de múltiples perspectivas ofrece a riqueza das ollada complexa e colectiva, constrúe un […]
Andrea Ramos Queixas

O libro Chamádeme Simbad, escrito por Francisco Castro e ilustrado por Manel Cráneo, introdúcenos na enfermidade do alzhéimer que sofre o avó de Paulo, un neno de dez anos que non entende ben os cambios no comportamento do avó. A primeira parte móstranos o pai como unha persoa moi ocupada, sempre pendente do traballo a […]
Francisco Castro

Esta é a terceira vez que deito os ollos nos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. A primeira vez foi naqueles xa afastadísimos tempos do instituto, cando estaba a inventarse a asignatura de Lingua Galega e o profesorado, daquela, transmitiunos, tamén, aquela idea da "santa chorona" que era, seica, a poeta de Padrón. Para iso […]
Consuelo Vercher

Gocei coa lectura d´A elegancia do ourizo na súa versión orixinal francesa e penso volver a lelo en galego, por suposto. É un pracer ler un libro intelixente, hilarante ás veces, e tamén tenro, se somos quen de ir máis aló das puas do singular animal. Atopámonos perante un trío magnífico: intelixencia, cultura e refinamento, […]
Laura Caveiro

POESÍA SOBRE POESÍA Por que ler As flores do mal? Polo ruxe ruxe de escándalo que sempre acompañou aos poemas. Porque esas flores enfermizas, esas flores tronchadas, xeradoras dunha longa descendencia de poetas malditos, seguen a gardar, dous séculos depois, o arrecendo, mellor sería dicir o "bouquet", dun estremecemento. O estremecemento da modernidade, como o […]
Encarna Otero

Memoria de cidades sen luz: o pracer da lectura Nesta nova novela de Inma López Silva, a autora conquire namorar ás persoas que descubran nas súas páxinas o mundo desas cidades nas que acontece a vida dos personaxes que as percorren; Santiago de Compostela, A Coruña, Barcelona, París, Nova Iork e Bos Aires alumean nos […]
Juan José Moralejo

A lamprea, Cultura Galega aínda viva ¡e que dure! e tamén veterana, como podedes ver na excelente noticia que Miguel nos dá de cómo nos moi centenarios latíns de catedrais e mosteiros estan bispos e condes, frades e reis, en acordos, desacordos e trasacordos por salmóns, sábalos e lampreas, por redes e por pescos, desde […]