A forza que vén de lonxe

O Nadal é tempo de bos desexos que intercambiamos coas persoas significativas na nosa vida. Despois da resaca sempre queda o pouso e en min seguen a latexar as liñas trazadas dende puntos distantes do globo, dende Indonesia a Alemaña, pasando por Euskadi e Madrid, para afastárense ata Finlandia ou Brasil. Os elos únense porque […]
Conferencia de Xesús Alonso Montero

O salón de actos da Fundación Penzol, na Casa Galega da Cultura de Vigo, acolle hoxe ás 20:00 h esta conferencia do profesor Xesús Alonso Montero. Esta actividade enmárcase na exposición, inaugurada a pasada semana, Fermín Penzol. Unha obra para un país, que se pode visitar na mesma fundación ata o vindeiro 30 de novembro. […]
Quero cear co presidente

Pedinllo en 2009 e 2010, pero insisto: Presidente, convídeme a cear. Os seus asesores aínda non lle dixeron que a cultura do país non son só as actrices e modelos? Non quere ser aprezado por rodearse de escritoras, coma o xeneral De Gaulle? Quizais en 2010 tivo medo de min, imaxino que pola barreira idiomática, […]
Serafín Alonso

Adoptando unha estratexia expositiva de adecuación formal e de contido ao público mozo, o autor de Comedia bífida vai refutando algúns dos máis graves estereotipos galegófobos actuantes na nosa sociedade, facendo valer a súa experiencia de campo (anos de charlas, debates e actividades de normalización en colexios e institutos) á hora de desenvolver o seu […]
Xesús Domínguez Dono
O noso primeiro libro… de MEMORIAS Vénse de reeditar Memorias dun neno labrego. Vénse de reeditar o primeiro libro en galego do que teño conciencia, do que teño memoria. Este, como lle ocorreu a tantos outros fillos desta terra, foi o primeiro libro que lin na lingua dos Cunqueiros e Blancoamores, dos Codax e dos […]
A cultura non é a guinda do pastel

O calendario, coas súas marcas arbitrarias pero necesarias, ponnos, nestas datas, ante o exercicio, que non por ritual e repetido se fai menos importante, de facer balances e proxectos. Isto ten, sen dúbida, unha dimensión individual e persoal; mais ten tamén outra colectiva: a reflexión sobre o estado actual e as perspectivas de futuro da […]
O nariz do Nadal

O nariz do Nadal é moi gracioso, quentiño, cantareiro, e saboroso. Recende os mazapáns máis os turróns, e o bacallau cocido con coliflor. Cheira os xoguetes novos de papá Noel e o brión ben fresquiño do meu Belén. Ule o lume “bailón” da cheminea e a cera derretida das candeas. Aspira o aire cheo de […]
O lume

Ardeu Roma. A carraxe prendeu nas rúas. Berlusconi zafou da censura mercando a varios deputados da oposición. Dise que o inmoral é ineficaz, pero Il Cavalieri deturpa todos os códigos da democracia: é o triunfo do todo vale para conquistar ou manterse no poder. A súa frase é para a Historia: “Eu sempre gano, estou […]