1000 facsímiles da revista 'Nós'

Como levamos días falando, estes días conmemorouse o 90 aniversario da saída da revista Nós, como hoxe lembra dende as páxinas do Galicia Hoxe nunha entrevista o noso dierctor xeral, Víctor F. Freixanes, que podes ler dende o noso blog, 'unha representación da modernidade e da proxección da cultura galega'. Co gallo da conmemoración, a […]

Alén, unha revolución escénica

Estes días chega ás librerías de todo o país, 'Alén', de Xaime Quintanilla, obra publicada en 1921 e que supuxo un punto de partida de modernidade absoluta para o teatro galego da época. Na obra recréase a peripecia dunha sociedade espiritista que agarda a volta do seu mestre desde o mundo das tebras, pero tamén […]

Conferencias de Francisco Castro en Porto

Como cada ano, a cidade portuguesa de Porto acolle os 'Encontros Luso-Galaico-Franceses do Libro Infantil e Juvenil'. Nesta ocasión, centraranse específicamente na cuestión da edición de literatura para adolescentes. O responsable da edición infantil e xuvenil e Coordinador de Novos Proxectos da Editorial Galaxia, Francisco Castro, terá unha dobre participación. O venres, ás 14.30 (hora […]

Xaime Isla, debuxante

No libro de Albino Mallo dedicado ao café Derby de Vigo, "Algo máis que un café, 1921-1968" (colección Memoria) descúbrese unha dimensión certamente pouco coñecida de Xaime Isla Couto, avogado e economista, fundador en 1950 de Editorial Galaxia, xunto con Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro e Ramón Otero Pedrayo: a condición de debuxante e […]

Inma López Silva recolle o Premio San Clemente

O pasado mes de Xuño a novela 'Memoria de cidades sen luz' de Inma López Silva foi recoñecida co premio Arcebispo San Clemente, un dos, en palabras da autora "premios máis bonitos que hai, porque é un xurado de alumnos e toman o seu labor moi en serio". Con este novo galardón, a novela de […]

Abrapalabra!

Onte arrincou, dentro do programa Bocaberta de dinamización da lingua galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística, unha das campañas ideadas pola nosa editorial. O mago Carlos Coira fará, en directo, sen trampa nin cartón, múltiples trucos a través dos que gozar da maxia das palabras, pero, tamén, aprender maxia dun xeito divertido e sobre […]

Presentación de 'Made in Galiza' en Istambul

Será o sábado 6 de novembro, na Feira do Libro de Istambul cando Séchu Sende presentará as traducións ao curdo e ao turco do seu 'Made in Galiza'. O escritor, segundo nos informa, dará unha conferencia que servirá como reivindicación das linguas en vías de normalización, denuncia da política lingüística do goberno galego incluída, entre […]

'A esmorga' ao completo

Estes días está chegando ás librerías de todo o país 'A esmorga' de Eduardo Blanco Amor como o escritor querería vela, é dicir, coas pasaxes eliminadas pola censura franquista na edición de 1970. Corenta anos despois, lemos esta novela, considerada por moitos como o mellor libro da historia da literatura galega, íntegra e con todos […]