Sétima edición para A PRAIA DOS AFOGADOS

Estes primeiros días de xaneiro van chegando ás librerías a sétima edición dun dos supervendas da literatura galega de todos os tempos como é 'A praia dos afogados' de Domingo Villar. Ademais do éxito sen discusión en galego, a obra goza do favor de milleiros de lectoras e lectores en linguas como o castelán e […]
Hai 55 anos publicouse 'Memorias dun neno labrego'

A obra publicábase na editorial Follas Novas, que fora fundada en 1957 polo propio Neira Vilas e a súa dona, Anisia Miranda, co propósito de difundir, desde a Galicia espallada polo mundo, o libro galego. O éxito de masas chegou en 1968, no intre en que Isaac Díaz Pardo prepara, e ilustra, unha edición para […]
Esta noite virán os Reis Magos…

Ou deberían. Porque hai un mundo deles. De calidade. Que tratan sobre calquera cousa. E para todos os chanzos de idade. Libros en galego que son novidades, ou son clásicos. Sempre fotos dunha alma que os escribiu, que quixo comunicarse na lingua de nós con nós. Ou noutras linguas que logo, marabillas da tradución, da […]
‘Mamá Cabra’ pechou tres días de espectáculo infantil en Cangas

O Auditorio Municipal de Cangas acolleu o pasado mércores o último espectáculo enmarcado dentro do Festival Infantil ‘CANtiGAS no Nadal’, unha produción da Editorial Galaxia para o Concello de Cangas. Mamá Cabra foi o grupo encargado de pechar un ciclo que contou tamén coa participación de A Gramola Gominola e Magín Blanco. Mamá Cabra, unha […]
Alfonso Mato e Santiago Lamas gañan o Premio de Ensaio Ramón Piñeiro 2015

A obra "De camiños, viaxeiros e caminantes. Peregrinos de NÓS ao cabo do mundo", da que son autores Alfonso Mato e Santiago Lamas, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2015, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa. A […]
Feliz 2016

No planeta Terra hai millóns de seres humanos, e centos de culturas e milleiros de linguas. No planeta Terra, pois, están as marcas da Historia. Un camiño común feito entre todos, ás veces, sen sabermos uns da existencia dos outros. Nesa xeira, nós, as galegas e galegos, fixemos tamén un camiño. E seguimos nel. Que […]
Concerto de Mamá Cabra en Cangas

Música en vacacións. É a proposta que ofrecen o Concello de Cangas e a Editorial Galaxia co ciclo CANtiGAS no Nadal, orientado a que os máis pequenos poidan disfrutar das festas con alternativas lúdicas e a promoción do idioma propio. O primeiro dos tres concertos celebrouse onte no Auditorio, donde A Gramola Gominola deleitou a […]
Concerto de Magín Blanco en Cangas

'CANtiGAS no Nadal! é un Festival de música infantil que se celebra en Cangas os días 28, 29 e 30 de decembro no Auditorio municipal a partir das 18:00h. As entradas para os concertos do festival, poderanse adquirir por 5 euros na taquilla do recinto desde dúas horas antes do comezo de cada sesión. O […]