Xa somos máis de 2000 amigos e amigas no facebook

Hai un ano aproximadamente que botamos a andar o noso perfil en facebook de cara a divulgar a través desta rede social o día a día da nosa editorial. A día de onte, superabamos os 2000 amigos e amigas de 'Falamos de libros', que así é como bautizamos o noso espazo social. No twitter, o […]
Palabras de Francisco Domínguez na homenaxe a don Paco

Durante esta semana reproduciremos algúns dos discursos pronunciados durante a entrega do premio da AELG, Os Bos e Xenerosos, a Francisco Fernández del Riego. Principiamos co que abriu o acto a cargo de Francisco Domínguez, actual director da Fundación Penzol. Benqueridos familiares de Francisco Fernández del Riego, escritoras e escritores en lingua galega, amigas e […]
Conferencia de Gloria Sánchez

Como xa informamos hai semanas, este ano é Gloria Sánchez, a autora de 'Rato Pincho', 'Teatro Feroz' ou o conto que acompaña o libro de Mamá Cabra, 'Ola, ola, la!', a autora homenaxeada dentro dos actos do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Así, hoxe venres, ás 19:00 h, na sala de exposicións […]
Fina Casalderrey no Día Internacional da Lingua Materna en Hamburgo

A escritora galega Fina Casalderrey participará na celebración do Día Internacional da Lingua Materna en Hamburgo convidada polo Instituto Cervantes desa cidade. Durante o acto, leranse textos da escritora galega en alemán e a continuación será a propia escritora quen o faga en galego. Por outra banda a escitora catalana Gemma Lienas, de quen hai […]
Francisco Fernández del Riego recoñecido como Bo e Xeneroso

O sábado foi reivindicada en Vigo a figura do intelectual e fundador da Editorial Galaxia, na compaña de Piñeiro e Isla Couto, Francisco Fernández del Riego, no acto no que a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) lle entregou á súa irmá Ana María Fernández del Riego (na foto da dereita, ao carón da […]
Sempre 'A sombra dos teus soños'

Este mes de febreiro chegou ás librerías o libro de relatos de Anxo A. Rei Ballesteros (1952-2008), 'A sombra dos teus soños', neste caso como o segundo volume da Biblioteca Rei Ballesteros. Publicado por primeira vez en 1998, 'A sombra dos teus soños' marcou un xiro na obra de Anxo A. Rei Ballesteros. Estes textos […]
Representación de "A illa das mulleres loucas"

Baseada na obra homónima de Alfonso Pexegueiro, Inversa Teatro presenta "A illa das mulleres loucas", un recital dramático onde a linguaxe do corpo e a palabra do propio autor en escena se combinan coa música orixinal que os integrantes de Berrogüetto Anxo Pintos (zanfona) e Quico Comesaña (harpa) compuxeron para a ocasión e interpretan en […]
Xulia Alonso e Víctor F. Freixanes finalistas do San Clemente

As novelas 'Futuro imperfecto', de Xulia Alonso Díaz, 'Denso recendo a salgado', de Manuel Portas, e 'Cabalo de ouros', de Victor F. Freixanes son as candidatas a facerse co Premio San Clemente en galego na XVII convocatoria deste galardón. Canda a elas, os alumnos de diferentes institutos galegos terán que escoller entre 'Riña de gatos', […]