'Morgana en Esmelle' e 'Rapoemas' na Feira do libro de Vigo

Este martes vai vir cheo de música e literatura na Feira do Libro de Vigo. Por unha banda, ás 20 horas, a escritora Begoña Caamaño presentará o seu 'Morgana en Esmelle' acompañda do escritor Manuel Forcadela e o director literario de Galaxia, Carlos Lema. E haberá música, a cargo de Uxía Senlle e Sergio Tannus. […]
Galletas e libros na Feira de Vigo

Para todas aquelas amigas e amigos que estes días da Feira do Libro de Vigo pasedes polo noso stand, temos preparadas galletas caseiras, decoradas dun xeito moi literario, que vos serán agasalladas coas vosas compras. Empezaremos a dalas o sábado á mañá!!! Nunca a lectura foi máis dóce!!!
Homenaxe nacional a Agustín Fernández Paz

A plataforma cidadá ProLingua organiza este sábado a Homenaxe Nacional que se lle renderá ao escritor Agustín Fernández Paz en Vigo. O acto, que será conducido por Rosa Aneiros, terá lugar ás 12:30 horas na Sala Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia (Rúa Policarpo Sanz, 26). A seguir haberá un xantar programado para as 15:00 no […]
Xosé Neira Vilas inaugura a Feira do Libro de Vigo

Este venres comeza a Feira do Libro de Vigo, no que a nosa editorial vai ter un protagonismo moi especial, comezando polo pregoeiro, Xosé Neira Vilas, quen, ademais, asinará as súas obras a partir das 20.30, é dicir, xusto despois da lectura do pregón inaugural. Estamos certos de que as verbas do autor de Gres, […]
Éxito arrollador de DÚAS LETRAS en Compostela

O martes, no Salón Teatro de Compostela vivimos unha emocionante xornada que rematou co público posto en pé ovacionando o traballo de Eloy Varela e Fina Casalderrey, director e guionista de 'Dúas Letras' e de Teresa Fraga, protagonista da fita, quen cativou coa súa interpretación a unha audiencia que encheu a sala para asistir, ademais […]
Carta a Antón Beiras

A profesora Antía Cal Vázquez (A Habana, 1923), a quen a Fundación Otero Pedrayo outorgou este ano o Premio Trasalba, fixo unha vibrante intervención na casa grande de Cimadevila, diante de case cincocentas persoas, arredor da memoria do seu home, o médico galeguista Antón Beiras García (1916-1968), e do compromiso (hoxe máis necesario ca nunca) […]
Carlos G. Reigosa, premio Fernández del Riego de xornalismo

José Manuel Otero Lastres foi galardoado co Premio Julio Camba de Xornalismo na súa trixésima terceira edición polo seu artigo "A sensación de ser como os demais", publicado o 27 de marzo do pasado ano en La Voz de Galicia. Pola súa banda, Carlos G. Reigosa obtivo o premio Fernández del Riego na súa novena […]
Casares

De maneira convincente —e convencida— Carlos Casares estaba certo que algún día os humanos desfrutarían do don da inmortalidade. Aquela hipótese (probabelmente a que eu máis desexo) soaba aos meus ouvidos, nas mañás da xa desaparecida cafetaría Alameda, como un enunciado procedente de Macondo ou, se caíse nas mans de Cunqueiro, dun relato pertencente a […]