Presentación do novo libro de Mercedes Queixas en Cambados

As librarías Contos e Ramón Cabanillas de Cambados, e a Editorial Galaxia organizan a presentación do libro de Mercedes Queixas Zas, Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María, que se celebrará o vindeiro venres 1 de abril ás 20 horas no Auditorio municipal (Rúa San Francisco s/n). A autora estará acompañada pola representante […]

Camiños na auga

A semana que vén irá chegando ás librerías de Galicia o novo libro de Manuel Núñez Singala, desta volta na colección Literaria e titulado CAMIÑOS NA AUGA. O protagonista da novela, chamado Szymo, queda descrito pola letra dunha canción que el mesmo escoita por asualidade e na que se acaba por recoñecer: "Son un negro […]

As andanzas de Paio, de Oviravai, un libro disco para nenas e nenos viaxeiros

Un novo personaxe está a piques de chegar á gran familia de libro-discos Sonárbore, que ten por obxectivo achegar a música de calidade aos máis pequenos e pequenas da casa. Nesta ocasión trátase de Paio, un teixugo viaxeiro que percorre medio mundo vivindo as máis emocionantes aventuras e que ao longo dos próximos días chegará, […]

Presentación do novo libro de Xavier Queipo en Vigo

O escritor Xavier Queipo presentará a súa nova novela, OS KOWA, Premio Blanco Amor 2015 acomapañado do escritor Xosé Monteagudo e o director literario de Galaxia, Carlos Lema. Os Kowa é "unha historia trepidante que se desenvolve entre Europa e a Amazonia cun trasfondo de diálogo de identidades culturais de respecto pola diversidade e pola […]

Saiu do prelo 'Os kowa', de Xavier Queipo

Xusto antes do comezo da semana santa saía do prelo un dos libros máis esperados desta tempada como é o recente Premio Blanco Amor de Novela Longa, 'Os kowa' de Xavier Queipo. Será esta semana cando estea presente nos andeis das librerías e se presentará diante dos medios de comunicación e o público lector. A […]

Achegas fundamentais para coñecer a vida e obra de Manuel María

Darío Xohán Cabana preparou un interesantísimo ensaio para a comprensión da obra dun dos grandes das letras galegas contemporáneas e, xunto con Amelia Otero, escolmou unha selección de textos representativos da súa xenerosa produción. Mercedes Queixas, autora do interesante libro de conversas con Maria do Carme Krukenberg ("Vivir, Unha aventura irrepetibel". Galaxia, 2011) ofrécenos a […]

A lingua e a cultura galegas invitadas na CILE de Puerto Rico

Diálogo difícil, en palabras do director de Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes, que participou no Congreso. Unha asignatura pendente que, malia algúns pasos que se deron na década dos anos 80 (a chamada experiencia Verines), hoxe está esmorecido. Carmen Riera polas letras catalanas, Arantxa Urretabizcaia pola literatura en éuskaro e Luis González Tosar polas letras […]

O público acompaña a Francisco Castro e Manuel Portas

Os novelistas Manuel Portas e Francisco Castro presentaron o pasado venres as súas novas novelas, LOURENÇO, XOGRAR e AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA en Sigüeiro e na Coruña, respectivamente, onde foron acompañados polo público. No blog podedes ver unha galería de imaxes destas presentacións.