O venres 27 de xaneiro, celebrarase, ás 19 h, no Vello Cárcere de Lugo, a presentación de Unha nova Olanda. De Ferrol a Porto: as cidades galegas e o Norte de Portugal no escenario global, de Antón Baamonde.
Acompañando o autor, estarán, Lara Méndez, alcaldesa de Lugo e presidenta do Eixo Atlántico, Ramón Villares, historiador, e Daniel Hermosilla, Conselleiro delegado do Grupo Rodiñas.
O acto será presentado pola xornalista Cristina Lombao.