James Joyce publicou Dublineses en 1914. Unha colección de quince relatos escritos dun xeito realista nos que se retrata a clase media de Dublín e arredores durante os primeiros anos do século XX. No momento en que o autor escribe estas narracións, o nacionalismo irlandés e a súa defensa da identidade nacional estaban en plena efervescencia.
O centro da concepción narrativa de Joyce é a idea da epifanía, a dunha revelación do senso da vida como consecuencia dunha experiencia concreta. Para o autor deste libro, a busca da identidade nacional representaba unha parálise, unha pexa no progreso da arte e da cultura cara a esa revelación. E Dublín estaba na cerna dese movemento regresivo. Por iso hai nestes contos un intento de representar o paso do tempo, da infancia á vellez, como un proceso de iniciación e iluminación que conclúe na historia final, “Os mortos”. Para poder levar a cabo ese proceso, o autor do Ulises remataría por exiliarse.
Compartir nas redes sociáis
Detalles do libro
Paxinas: 252
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na Colección: 442
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-799-3
Observacións:
AUTORES/AS
Joyce , James
Dublín en 1882 – Zurich 1941
Escritor famoso sobre todo por investigar no uso de novas linguaxes narrativas e pola exploración de novos métodos literarios nas súas obras de ficción.