Estás aquí:

Código: 2486

Vermellos e laicos. A represión fascista do maxisterio coruñés

27,55  IVE INCLUIDO
Este libro que tes nas mans inaugura a colección Memoria Histórica de Editorial Galaxia.
Unha colección que quere botar luz onde moitos só queren escuridade. A defensa do laicismo foi unha das apostas máis rupturistas e arriscadas dos republicanos. A Constitución de 1931 estableceu que o Estado carecía de relixión oficial, polo que os dogmas do catolicismo deixaron de se ensinar nas escolas, das que tamén desapareceu a simboloxía relixiosa. A partir de entón, no sistema educativo só habería espazo para a educación moral, que debía inspirarse no cultivo da tolerancia. O enfrontamento coa Igrexa, afeita a gozar de monopolios e prebendas sen taxa, resultaba ineludible, e, por “vermellos e laicos”, foron castigados unha boa parte dos mestres e mestras, como demostra este libro, onde se analizan os cargos que se lles apuxeron. Unha represión que ía desde o asasinato á sanción administrativa máis ou menos contundente, e que tamén afectou a moitos outros grupos sociais e profesionais, dado que tivo un carácter masivo. Un estudo rigoroso que fai, tamén, dalgunha maneira, revisión dunha tremenda inxustiza.

Compartir nas redes sociáis

Detalles do libro

Paxinas: 388
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Memoria histórica
Nº na Colección: 1
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-614-9
Observacións:

AUTORES/AS

de Gabriel , Narciso
Narciso-de-Gabriel-1

é catedrático de Historia da Educación na Universidade da Coruña. Foi director do Departamento de Pedagoxía e Didáctica (1993-2005) e decano da Facultade de Ciencias da Educación (2005-2012). É autor de diversos traballos de investigación publicados en revistas e libros individuais e colectivos. Os seus dous últimos libros son 25 anos da UDC. A Universidade na Coruña e Ferrol (2015) e Elisa e Marcela. Amigas e amantes (2019). Recibiu os premios María Barbeito, Losada Diéguez. Concepción Arenal e da Crítica. Na actualidade dirixe Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación.

As súas obras

Xosé María Álvarez Blázquez. Mestre republicano
xose-maria-alvarez-blazquez-mestre-republicano
21.95€ CON IVE
Vermellos e laicos. A represión fascista do maxisterio coruñés
9788491516149
27.55€ CON IVE

COLECCIÓN

Memoria histórica

Illote P, Barraca 16
9788491517474
22.70€ CON IVE
Quen non ten un avó fascista?
9788491519416
22.70€ CON IVE
Soldados forzosos. A memoria esquecida da Guerra Civil Española
9788491516491
21.20€ CON IVE
Testemuño da Guerra Civil
9788491517634
26.50€ CON IVE
Vermellos e laicos. A represión fascista do maxisterio coruñés
9788491516149
27.55€ CON IVE
Vivir e morrer pola causa.
9788491519614
24.50€ CON IVE