Estás aquí:

Código: 489

O xardineiro dos ingleses

23,95  IVE INCLUIDO
Premio García Barros 2017. Premio San Clemente 2018
Vilagarcía, principios do século XX. O destino dos mariñeiros ingleses e alemáns crúzase coas arelas de liberdade dunha moza que intenta ceibarse das estreitezas e ataduras da Galicia daquel tempo. Moitos anos despois, no Cemiterio dos Ingleses só queda unha tumba anónima, a número un. Alí agarda o misterio final, o dese sartego e o seu descoñecido ocupante. O enigma que arrodea a vida de Delia Cores e do seu fillo Edelmiro, o xardineiro dos ingleses. Cunha prosa áxil, protagonistas de carne e óso, e unha trama que zigzaguea entre os principais acontecementos históricos europeos, Marcos Calveiro consegue a súa obra máis lograda, de lectura apaixonante e chea de sucesos inesperados. Unha novela sobre a busca de liberdade. Sobre a xustiza e a capacidade para enfrontarse ao fado da historia.

Compartir nas redes sociáis

Detalles do libro

Paxinas: 444
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 11/06/2017
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na Colección: 365
Edición: 1ª ed.ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-085-7
Observacións:

AUTORES/AS

Calveiro , Marcos
Foto Marcos Calveiro

Marcos Sánchez Calveiro, coñecido como Marcos S. Calveiro, naceu en Vilagarcía de Arousa no ano 1968 e actualmente reside en Vigo, onde exerceu a avogacía e agora rexenta un local de hostelaría. Comezou a súa carreira literaria creando obras dedicadas á literatura infantil e xuvenil, escribindo principalmente en galego. Neste campo recibiu numerosos premios como o Ala Delta, o Barco de Vapor ou o Lazarillo. Tamén publicou obras no campo da poesía e o ensaio e en 2008 publicou a súa primeira novela dirixida ao público adulto, Festina Lente, recoñecida co Premio da Crítica de narrativa galega.

En 2015 gañou o IX Premio Narrativa Breve Repsol coa novela Fontán e en 2017 o XXIX Premio García Barros coa novela O xardineiro dos ingleses.

As súas obras

Fontán (IX Premio Repsol 2015)
Fontán
20.90€ CON IVE
Curros & Holmes no misterio d'o kapital
9788491518020-1
13.05€ CON IVE
O xardineiro dos ingleses
o-xardineiro-dos-ingleses
23.95€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.45€ CON IVE
900
900
21.20€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
23.50€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
13.95€ CON IVE
A boneca de Blanco Amor
A boneca de Blanco Amor
16.45€ CON IVE
A candidata
A candidata
15.50€ CON IVE