
Naceu en Ribadeo en 1922 e finou en abril de 2020. En 1936 trasladouse a Lugo, sendo seu pai perseguido polo fascismo, e logo a Larache (Marrocos). Logo viviu durante bastantes anos en Viveiro. Fixo estudios de Música, de Maxisterio e de Filoloxía Románica, estes últimos na Universidade de Oviedo.
Desenvolveu en Vigo unha longa traxectoria de docente de lingua e literatura españolas no ensino secundario, xubilándose en 1987 no Instituto de Nigrán. Entre 1975 e 1976 codirixiu a revista Nordés xunto a Tomás Barros. Promoveu tamén a creación da revista Clave Orión.
É membro da Real Academia Galega dende o 29 de novembro de 1996. O seu discurso de ingreso na RAG titulouse “Diálogos con Rosalía”.
Luz Pozo Garza é unha voz fundamental da poesía galega dende que publicou o seu primeiro poemario en galego, O paxaro na boca (1952), que inaugurou a colección Xistral. Na súa obra posterior Luz Pozo achega unha poesía inzada de sensualidade e profunda, na cal o amor, a inquedanza existencial, a patria, a liberdade e mesmo a morte se entrecruzan compondo textos de sublime autenticidade e madurez.
No 2001 foi nomeada socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega, no 2009 recibiu o premio Ramón Piñeiro “Facer país” e en 2017 foi homenaxeada pola Real Academia Galega.

(Muros, 1959). Doutor en Filoloxía Galega e profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Dende o ano 2010 é membro numerario da Real Academia Galega. Membro do Instituto da Lingua Galega, actualmente é codirector da revista Grial e secretario do Consello da Cultura Galega. O seu traballo desenvólvese principalmente nos eidos da filoloxía medieval, a edición de textos literarios (Rosalía de Castro, Otero Pedrayo, Castelao) e os estudos sociolinguísticos e de historia do idioma galego. É autor da Historia social da lingua galega e coautor dunha Gramática galega e dun Diccionario normativo galego-castelán.
É secretario da RAG dende Abril de 2013

Ensaísta e polígrafo nado en Vigo en 1928. Pertence á promoción de escritores que iniciaron o seu labor intelectual e cultural tras a Guerra Civil. Dende entón desenvolveu un abondoso traballo de publicitación e espallamento da cultura galega nas súas distintas dimensións.
Foi elixido Presidente da RAG en abril de 2013