Estás aquí:

Código: 418

Náufragos do paradiso

13,10  IVE INCLUIDO
A única novela de Lois Pereiro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2011
Lois Pereiro comezou a escribir Náufragos do paradiso -a súa única novela- a finais da década de 1970, cando acababa de facer vinte anos. Cunha linguaxe que emprega imaxes poéticas, a historia narrada concéntrase na interioridade torturada de Bernal e a súa viaxe á "pálida beleza da morte prematura". Nun milimetrado puzzle de sentimentos e situacións, o autor mostra a súa extraordinaria e incisiva capacidade de observación como preciso analista da condición humana. Esta edición inclúe tamén un relato baseado na novela.

Compartir nas redes sociáis

Detalles do libro

Paxinas: 108
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 09/03/2011
Dimensións 135 x 210 mm. mm.
Colección: Literaria
Nº na Colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-354-0
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

AUTORES/AS

Pereiro , Lois
lois

Lois Pereiro (Monforte de Lemos, 1958-A Coruña,
1996) comezou a escribir aos 16 anos. Despois deses poemas iniciais, publicados a finais da década de 1970 na revista Loia, o poeta elaborou unha obra que foi reunida en dous libros: Poemas 1981-1991 e Poesía última de amor e enfermidade (1995). Tamén é autor da novela curta Náufragos do paradiso (1997) e, postumamente, publicáronse outros dous libros seus: Poemas para unha loia (1997) e a prosa autobiográfica de Conversa ultramarina (2010).

A Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras do 2011 e, en certo modo, a súa decisión era sorprendente: aínda que Pereiro fose un dos poetas máis lidos da súa xeración, a súa obra permanecía ligada ao círculo dos heterodoxos e o seu recoñecemento dentro do canon literario resultaba máis ben simbólico. A elección, porén, serviu para sacar á luz unha poesía escintilante, forxada sobre unha consciente experiencia de aproximarse ao abismo da dor e do amor absoluto.

As súas obras

Antoloxía poética
antoloxia
13.10€ CON IVE
Náufragos do paradiso
nauf
13.10€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.45€ CON IVE
900
900
21.20€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
23.50€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
13.95€ CON IVE
A boneca de Blanco Amor
A boneca de Blanco Amor
16.45€ CON IVE
A candidata
A candidata
15.50€ CON IVE