Estás aquí:

Código: 356

Vredaman

19,50  IVE INCLUIDO
Logo de Un tranvía cara a SP, que foi Premio Nacional de Literatura no ano 2002, e O pelo de Van`t Hoff, o escritor vasco Unai Elorriaga publica Vredaman, a súa terceira novela, que agora aparece traducida para o galego para o galego igual ca dúas anteriores.
A historia dun neno que pretende acadar a intelixencia e a dos personaxes peculiares e imprevisibles que o rodean fan que en Vredaman o humor e a sorpresa se combinan nun relato no que imaxinación e pensamento crítico van parellos. O título da novela é a mestura do nome dun dos personaxes de As I lay Dying de William Faulkner, un neno chamado Vardaman, e do nome do pintor holandés Vredeman de Brie, que tivo un fillo que nunca pintou un cadro orixinal, senón que o único que fixo foi copiar os do seu pai.

Unai Elorriaga relata nesta novela a historia de Tomé, un neno que persegue a intelixencia e como, para conseguilo, ten que chegar a aceptar a existencia da morte. A carón do protagonista, xorden as historias dos membros da súa familia e dos seus amigos: dun avó ebanista que se burla da hipocrisía e da necesidade de aparentar, un tío que quere recuperar o espírito comunal do deporte, unha muller que tivo un mozo durante corenta anos, pero nunca chegou a casar con el e unha tía que anda na procura dun exemplar rarísimo de cabalo do demo azul.

A novela ten moito de xogo, pero máis alá do lúdico os lectores e lectoras han gozar coa súa lúcida reflexión sobre os seres humanos. Un relato perfecto que medra en emoción a medida que se aproxima ao final. Vredaman fala, entre outras moitas cousas, sobre a estraña relación entre intelixencia e morte, pero non o fai dun xeito seco e abstracto, senón a través de historias concretas e conmovedoras. Elorriaga, tamén nos fala da interesada utilización de palabras como " triunfador" ou "perdedor"; fálanos desas razóns que, malia non teren sentido, cambian a vida dos seres humanos, case sen que se decaten e, fálanos tamén, dos que pretenden dicir como temos que pensar.

Compartir nas redes sociáis

Detalles do libro

Paxinas: 184
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 29/05/2006
Dimensións 14 x 21 cm. mm.
Colección: Literaria
Nº na Colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-924-5
Observacións:

AUTORES/AS

Elorriaga , Unai
1185792544elorriaga,_unai

Nacido en Algorta, Getxo en 1973, Unai Elorriaga é filólogo de formación e tradutor de oficio. Tamén colabora na prensa escrita en éuscaro. Editorial Galaxia publicou a tradución para o galego da súa primeira novela, Un tranvía cara a SP, coa que o autor colleitou un indubidable e mesmo sorprendente éxito de público e crítica, referendado pola obtención do Premio Nacional de Literatura do ano 2002. En 2004 apareceu a súa segunda novela, O pelo de Van’t Hoff editada en Galaxia. Tamén en Galaxia no ano 2006 publica Vredaman

As súas obras

Un tranvía cara a SP
un tranvia sp
17.95€ CON IVE
O pelo de Van"t Hoff
pelo
18.50€ CON IVE
Vredaman
vedraman
19.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.45€ CON IVE
900
900
21.20€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
23.50€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
13.95€ CON IVE
A boneca de Blanco Amor
A boneca de Blanco Amor
16.45€ CON IVE
A candidata
A candidata
15.50€ CON IVE