Estás aquí:

Código: 336

Diario de comidas

17,40  IVE INCLUIDO
A cociña como arte e a comida como pracer son os protagonistas de Diario de comidas, libro co que o poeta Rodríguez Baixeras inicia a súa obra en prosa.
Ao longo do recorrer de todo un ano, o autor centra as súas vivencias nos momentos pasados arredor da mesa. Un libro para gozar das comidas e para as gorentar, tamén como materia literaria. A historia dos alimentos, os seus sabores e as súas texturas, as casas de comidas, a lembranza de lecturas e receitas, configuran un libro no que os praceres e os días se vencellan ao cotián acto da alimentación. Xavier Rodríguez Baixeras arrinca este diario en Estambul para o rematar nunha viaxe de Nadal a Florencia, o tempo que queda entre estas dúas datas configura un percorrido dun ano polas súas experiencias como amador da comida, nun relato no que a literatura e a cociña van da man, inseparablemente unidas. Moreas de curiosidades arredor da arte culinaria, da súa histoira, dos restaurantes e casas de comidas que visita o escritor, das lembranzas que lle suxire este ou aqueloutro manxar fan do Diario de comidas un libro cunha grande variedade de temas tratados con narturalidade, sabedoría e unha grande capacidade para contaxiar o entusiasmo pola cociña. Baixeras escribe para volver gozar das comidas e, ao falar delas, estende ese pracer ao mundo da literatura, contáxiallo aos lectores e lectoras a través dun relato cheo de interese que é moito máis que un diario gastronómico. Un libro que une inextricablemente a arte culinaria coa arte de contar.

Compartir nas redes sociáis

Detalles do libro

Paxinas: 332
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/12/2004
Dimensións 14 x 21 cm. mm.
Colección: Literaria
Nº na Colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-768-5
Observacións:

AUTORES/AS

Rodríguez Baixeras , Xavier
baixeras

(Tarragona, 1945). É poeta e desenvolve tamén un importante labor como tradutor. En 1981 publicou Fentos no mar, ao que seguirían, entre outros, Anos de viaxe, Visitantes, Beira norte, Eclipse e O pan da tarde (Galaxia, 2006). Pola súa obra poética recibiu os premios Miguel González Garcés, Losada Diéguez e os da crítica galega e española. Gran afeccionado á gastronomía, en 2004 publicou en Galaxia Diario de comidas.

As súas obras

Diario de comidas
diario comidas
17.40€ CON IVE
O pan da tarde
pan da tarde
12.45€ CON IVE
Brasil no centro
brasil
23.95€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.45€ CON IVE
900
900
21.20€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
23.50€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
13.95€ CON IVE
A boneca de Blanco Amor
A boneca de Blanco Amor
16.45€ CON IVE
A candidata
A candidata
15.50€ CON IVE