Estás aquí:

Código: 333

Capitol, última sesión

15,00  IVE INCLUIDO
Un dos escritores galegos que mellor recrean o fascinante mundo do cinema é Miguel Anxo Fernández. Capitol, última sesión achéganos un mangado de historias nas que as salas de cine e as películas forman un universo que acaba por contaxiar a vida dos espectadores.
Historias de cine que forman parte da nosa historia que, coma en Cinema Paradiso, marcan o devalar do tempo. Envexable pulso narrativo e pingadelas de humor, Miguel Anxo percorre a historia cinematográfica do século XX a traves dos filmes que se proxectan no Capitol, un cine dos de antes arredor do cal se tecen vidas e historias tan apaixonantes como as que se proxectan na súa pantalla. Aventura, amor e misterio nun libro de narrativa que conta a historia do cinema dunha maneira imaxinativa e orixinal. Ao lembrar esas películas de cine que deixan na memoria un pouso de sensaciones e vivencias, Miguel Anxo Fernández explora ese territorio privado no que a fantasía do cinema se mestura coa realidade da vida dando lugar a unha obra narrativa que engaiola e conquista lectores. A mesma fascinación que acontece na sala de proxección trasládaa o autor ás narracións de Capitol, última sesión.

Compartir nas redes sociáis

Detalles do libro

Paxinas: 168
Deseño: Rústica
Data Publicación: 29/11/2004
Dimensións 140 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na Colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-749-4
Observacións:

AUTORES/AS

Fernández , Miguel Anxo
MIGUEL-ANXO-FERNÁNDEZ

O Carballiño, 1955. Doutor en Comunicación audiovisual, investigador e teórico cinematográfico, está vencellado desde finais dos anos setenta ao desenvolvemento do audiovisual galego, labor polo que se lle concedeu o Premio de Honra Fernando Rey no 2001. En 2012 recibiu o Premio da Cultura Galega polo seu labor a prol da creación audiovisual.

Profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo, exerce a crítica diaria de cinema e televisión en La Voz de Galicia, ademais de colaborar no Diario Cultural (Radio Galega) e en Planeta Cine (TVG). Entre a súa obra especializada destacan Carlos Velo. Cine e exilio (1996), As imaxes de Carlos Velo (2001, Premio Sempre en Galiza), Las imágenes de Carlos Velo (UNAM, México, 2007), A Bela Otero, pioneira do cine (2002, Premio Chano Piñeiro), Rodado en Galicia (2005) e Os amigos de Chano Piñeiro (2007, ed.). No eido da ficción publicou en Galaxia O sabre do francés (2002) e Capitol, última sesión (2004), ademáis da triloxía sobre o detective Frank Soutelo, formada por Un nicho para Marilyn (2002, Premio García Barros), Luar no inferno (2006); Tres disparos e dous friames (2008), Lume de cobiza (2011), Bícame Frank (2013), O espido de Gina (2014), Un dente sen cadáver (2016) e Blues para Moraima, Premio Blanco Amor 2016.

As súas obras

Blues para Moraima
blues-para-moraima
19.50€ CON IVE
Luar no inferno
luar
17.40€ CON IVE
Un nicho para Marilyn
nicho marilyn
15.50€ CON IVE
A bela Otero, pioneira do cine
a bela otero
24.15€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.45€ CON IVE
900
900
21.20€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
23.50€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
13.95€ CON IVE
A boneca de Blanco Amor
A boneca de Blanco Amor
16.45€ CON IVE
A candidata
A candidata
15.50€ CON IVE