A senda de sal: a estrea narrativa de Fran Fernández Davila

Editorial Galaxia publica A senda de sal, obra coa que Fran Fernández Davila obtivo o Premio de Novela por Entregas convocado polo xornal La Voz de Galicia. Nesta novela, un vello mariñeiro, no solpor da súa vida, sente a necesidade de relatar uns episodios decisivos que viviu na súa mocidade. Unha serie de acontecementos que […]

O xardineiro dos ingleses de Marcos Calveiro xa nas librarías!

Chegaba ás mesas de novidades estes días O xardineiro dos ingleses, a novela coa que Marcos Calveiro gañou a última edición do Premio García Barros. A obra premiada no certame que organiza o Concello da Estrada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística destaca pola súa capacidade para tecer unha trama que mestura episodios de carácter […]

“O exilio é unha tatuaxe” en Corpo de Antiochia

A semana pasada, o semanario Sermos Galiza publicaba unha breve recensión de Daniel Salgado a propósito de Corpo de Antiochia, o último poemario de Tamara Andrés. “O poema como exploración dun eu radical. O intimismo que dialoga coa devastación (tamén social, tamén política) arredor. O xogo entre a dicción e o silencio. O mar e […]