Convocado o XXVIII Premio de Novela "Manuel García Barros"
O Concello da Estrada ven de publicar as bases do XXVIII Premio de Novela Manuel García Barros, cunha dotación económica de 9.000 euros e a publicación da obra pola Editorial Galaxia. O prazo remata o 6 de maio e as bases están dispoñibles para descarga nesta ligazón.
Presentación en A Coruña da Antoloxía e da Biografía Manuel María

Darío Xoán Cabana, Mercedes Queixas e Víctor F. Freixanes presentarán os libros, 'Manuel María. Antoloxía poética' e 'Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María'. Darío Xohán Cabana preparou un interesantísimo ensaio para a comprensión da obra dun dos grandes das letras galegas contemporáneas e, xunto con Amelia Otero, escolmou unha selección de textos […]