Medio cento de produtos galegos de calidade

De novo foi o Club Náutico de Vigo o lugar escollido pola nosa editorial para presentar un novo libro-larpeiro, neste caso, o escrito por Tomás Alonso e Víctor López, 'Onde mercan os Larpeiros' e que contou coa participación, canda os autores, do cociñeiro Benigno Campos, o director do programa, Xosé Cermeño, e Víctor F. Freixanes, […]

Galaxia no Culturgal

Un ano máis, a nosa editorial terá unha presenza importante no Culturgal, como din os organizadores, "o fogar da cultura galega. Unha gran casa construída entre os distintos gremios da cultura: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías. Un fogar coas portas e ventás abertas sempre cara á sociedade". Neste ano, […]

Presentación de ONDE MERCAN OS LARPEIROS

Este martes, ao mediodía e no salón principal do Real Club Náutico de Vigo, presentaremos o libro, escrito por Tomás Alonso e Víctor López, 'Onde mercan os larpeiros'. Estamos diante dunha nova achega ao programa Larpeiros, despois da exitosa publicación dos dous libros de receitas do cociñeiro do programa Benigno Campos. Nesta ocasión, asistimos a […]

Presentación da primeira biografía de Berrogüetto

Editorial Galaxia presenta o libro 'Berrogüetto: O pulso da terra', primeira biografía sobre Berrogüetto escrita polo xornalista e crítico musical Fernando Neira e cun limiar de Manuel Rivas. Berrogüetto é, sen dúbida, un dos grupos musicais máis relevantes que deu a música de raíz tradicional galega durante as dúas últimas décadas. O volume, que coincide […]

Presentouse ´Berroguëto, o pulso da terra'

A Cidade da Cultura foi escenario, o pasado venres, da presentación de 'Berrogüetto. O pulso da terra', a primeira biografía oficial do grupo, publicada no seu XV aniversario. Publicado por Galaxia e escrito polo xornalista e crítico musical Fernando Neira, o libro 'Berrogüetto. O pulso da terra' supón a primeira biografía sobre un dos grupos […]

Escoita 'Rosendo en Sabaxáns'

O concurso a través do facebook e do twitter que iniciamos hai agora unha semana arredor do libro coa biografía de Berrogüetto está funcionando moi ben e xa son moitos os textos recibidos. O xurado vaino ter difícil. Seguindo nesta liña de darvos a coñecer o libro 'Berrogüetto. O pulso da terra' escrito por Fernando […]

Castañas asadas, cocidas, crúas…

Din os produtores que este ano caeu a produción de castaña por mor da ausencia de choiva e polas altas temperaturas de setembro. Sen embargo, os nenos e as nenas de Galicia lánzanse nos colexios a facer o Magosto, a celebrar a festa da castaña, a pintar a cara co chamizo. A vivir a festa. […]

40 anos do Instituto da Lingua Galega

Con colaboracións de Ernesto González Seoane, Serafín Alonso Pintos, Xavier Gómez Guinovart, Marcos Bagno e María Dolores Villanueva, a nosa revista súmase ás comemoracións que se veñen celebrando nestas datas co gallo do 40 aniversario da fundación do Instituto da Lingua Galega na Universidade de Santiago de Compostela (1971). A creación do ILGA considérase unha […]