Xa está nas librerías LUME DE COBIZA

Con este novo caso, as aventuras do investigador consolídanse como unha das series policiais galegas máis populares. A serie de Soutelo comezou no 2002 con Un nicho para Marilyn e continuou con Luar no inferno e Tres disparos e dous friames. O detective Frank Soutelo deixa Los Ángeles para resolver o seu primeiro caso en […]

Presentación dos novos libros de Paula Señarís e Mercedes Queixas

Este venres presentaremos na Feira do Libro de Santiago dous novos libros coa presenza das súas autoras. Por unha banda, ás 18:00 h, Paula Señarís falará do seu libro, publicado na colección Árbore, 'Águeda e o misterio dos calcetíns'. Despois, ás 19:00 h, Mercedes Queixas Zas, acompañada de María do Carme Kruckenberg, falarán arredor da […]

Fogar impronunciable

Desta volta, logo de As terceiras mulleres, o seu anterior libro de ensaios, reflexiona sobre a desaparición e a literatura como un dos mecanismos de representación histórica. Neste contexto, o poético quedaría definido como "a zona de resistencia e de desafío aos enunciados da política formal, mesmo cando esta se presenta como contrapoder". María do […]

Premios para Xulia Alonso e Ana Romaní

Foi esta unha fin de semana ben chea de novas agradables para Galaxia, pois dúas das súas autoras foron galardoadas con dous premios importantes. Por unha banda, Xulia Alonso Díaz recibía o Antonio Losada Diéguez no apartado de creación literaria pola súa obra de debut 'Futuro imperfecto'. O xurado valorou en 'Futuro imperfecto' a grande […]

Presentada a biografía de Mª do Carme Kruckenberg na Coruña

Foron decenas de persoas as que onte encheron a Biblioteca de Estudos Locais da Coruña para arroupar a presentación do libro 'Vivir, unha aventura irrepetíbel' que escribiu Mercedes Queixas Zas como biografía da poeta María do Carmo Kruckenberg. O acto estivo amenizado polo grupo de jazz '3 Azoteas', para sorpresa da biografada, amante confesa do […]

Ushuaia

Para o libro 'Cociñando ao pé da letra' a escritora Rosa Aneiros preparou unha centola galega. Deixámosvos aquí a receita Ushuaia Centola galega (que non "fueguina") INGREDIENTES Centola galega en comida (de decembro a xullo) Auga abundante Unha presada de sal. Requírese a presa de Neptuno para saber o sabor exacto do salseiro. Para quen […]