Xesús Fraga

O xogo da perspectiva De entre os moitos escritores que gusto dos seus libros, cos que o mellor o paso son aqueles que introducen o xogo dentro da súa literatura. Trátase dun elemento lúdico que pode adoptar facianas moi variadas: o humor, a subversión dos códigos ou unha volta de torca á tradición. O relato […]

Xabier Cid

De Tony Blair a Harry Potter Edimburgo é capital cultural de Escocia e de Europa. Os seus altos edificios, concentrados no espazo reducido que arrodea o castelo, sorprenderon xa no século XVII os ollos do viaxeiro Daniel Defoe. Na que el chamou a "cidade dos rañaceos", a poucos metros das casas do filósofo David Hume […]

Ana Salgado

Non hai espectros na ficción política. Avisa a cita inicial. O Manifesto Cyborg e a necesidade de tomar as cousas en serio para cagarse en (case todo) dios en prosa. Hai sentido do humor que non humor na novela de Alberto Lema. Final incerto. A derrota, nunca fermosa, constante no seu poemario en Estaleiro Editora […]

María Xesús Blanco

En As palabras da néboa Francisco Castro sitúanos, cun orixinal prantexamento, nun pasado histórico que nos toca de cheo. O escritor crea un universo literario na Galiza feudal do século XVI, coas revoltas irmandiñas como pano de fondo, e cunha habelencia narrativa sorprendente cativa ao lector dende o inicio mergullándonos nun río argumental pouco convencional. […]

Xesús Constela

Verdadeira mestra no retrato das sensacións, en Así nacen as baleas Anxos Sumai fainos de novo gozar coas grandes doses de sensibilidade que é capaz de verter sobre o papel para adobiar a trama dunha novela de atmosfera moi intimista onde ás veces as palabras se esnafran sen piedade contra as paredes, onde o odio […]

Xosé Monteagudo

De onde xorden as historias? Que converte un episodio en literario? Que forza lle fai cobrar vida a un personaxe? Ao longo de Os ollos de K o lector irá atopando a resposta a esas e outras preguntas semellantes da maneira máis natural e convincente que un escritor lle pode dar: coas armas celmosas da […]

Luís Cochón

Aos poucos, pero cada vez menos poucos, Xesús Rábade vainos dando o que quita de si: Mentres a herba medra, este rubro convertido en algo máis que un título: unha maneira demorada de entender a creación literaria: pautada, inorde, coma un tempo musical: sen présa nin pouso. Isto é o último que lle saiu das […]

Xavier Queipo

A historia que se conta en Unha falsa luz é triste, coma triste foi a historia de España na meirande parte do século XX, que é o período que a triloxía recolle. E para contala escolleu Xavier Alcalá un punto de vista excéntrico, no senso non de estraño senón de apartado do centro, que é […]