Contemplación especular

  Tiña vinte anos cando nun obradoiro literario descubrín a obra de Alejandra Pizarnik. Éme imposíbel recuperar a fascinación, a respiración suspensa ao escoitar os seus versos. E inmediatamente nomeeina como unha das grandes poetas de tódolos tempos. Pizarnik converteuse daquela na guía necesaria que calquera estudante apaixonado de Filoloxía procuraba polos corredores da facultade. […]