Olladas sobre Ramón Piñeiro

O novo número da revista GRIAL presentarase hoxe na Fundación Torrente Ballester de Santiago (rúa do Vilar, 7) ás 20 horas. No acto intervirán os codirectores da revista, Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo, na compaña de Justo Beramendi, Carlos Fernández, Andrés Torres Queiruga e Damián Villalaín. Dado que o 2009 é o Ano de […]

Premios para Tosar, Nogueira e Castro

Esta longa fin de semana foi fecunda no que a premios literarios se refire. Por unha banda, o venres, o coordinador de novos proxectos de Galaxia, Francisco Castro, recibía, por segunda vez (o anterior fora no 2006 por "Un bosque cheo de faias"), o premio literario Frei Martín Sarmiento, que conceden escolares de toda Galicia […]

"A noite dos animais" que viaxan fóra

"A noite dos animais" de Agustín Fernández Paz, editada na colección Árbore 8 anos, coñece estes días unha edición en castelán. Despois do éxito acadado entre os pequechos e pequechas de Galicia, os lectores en lingua castelá poderán tamén gozar da historia dunha nena moi particular á que lle acontecen cousas non menos particulares. O […]

Camilo Nogueira, premio Antón Losada Diéguez

O escritor e político Camilo Nogueira recibiu esta fin de semana o galardón Antón Losada Diéguez pola súa obra "Europa, o continente pensado" no apartado de Ensaio e Investigación. No apartado de Creación Literaria, a merecedora do premio foi Chus Pato, co seu libro "Hordas de escritura". O xurado estivo integrado por representantes da Real […]

Volve Leo Caldas

Despois do éxito de OLLOS DE AUGA, con máis de 10.000 exemplares vendidos, Domingo Villar preséntanos A PRAIA DOS AFOGADOS, unha apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo. Domingo Villar volve introducir o […]

"Viaxes do corazón" a carón da ría

Con case quince días de retraso, pero rodeado da calor da amizade e coa luz magnífica das Rías Baixas, o escritor leu o pregón das Letras Galegas na illa de Samertolomeu, en terras de Meira, Moaña, territorio literario no que vén desenvolvendo a súa obra: "Extintos básicos" (Xerais, 1998), "Reserva especial" (Galaxia, 2004) e agora […]

Falemos de Europa

"Europa, o continente pensado", o primeiro dos títulos, é unha reflexión documentada sobre a construción do proxecto europeo, sen dúbida un dos proxectos máis ambiciosos na historia da civilización occidental. Tamén máis complexos, difíciles, ilusionantes… Na actualidade son 27 estados, ademais das nacións sen estado, comunidades históricas que configuran tamén ese espazo común. Dende esta […]

A orixe da ficción

"A mecánica da maxia. Ficción e ideoloxía en Álvaro Cunqueiro" é o novo título que sae do prelo da autoría de Manuel Forcadela, na colección Ensaio. Pescudar na orixe do mundo ficcional dun escritor, nas relacións entre realidade pragmática e realidade literaria, é un dos obxectivos de "A mecánica da maxia", ensaio no que Manuel […]